CHEGOUNOS OUTRO PREMIO MOI FRESQUIÑO, O PREMIO LIMONADA!!!

Sí, sí, sí... isto vai ben, quere dicir que se nos le!!!
Da man de Aurora, e os seus pitiños (A Coruña) recibimos tan fresco premio LIMONADA, podedes visitalos na súa dirección, están comezando no mundo dos blogues, pero seguro que non se darán escapado facilmente!!!!
MOITÍSIMAS GRAZASSSSSSSSS!

Aquí van as normas deste premio:
1. Poñer o logo no post ou no blogue.
2. Nominar alomenos outros 5 bloguess que amosen gran actitide ou gratitude.
3. Asegurarse de enlazar ben ós nominados no post.
4. Facerlles saber que recibiron este premio mediante un comentario no seu blogue.
5. Esparcir o amor e non esquecerse de enlazar a quen che premiou.

E eu pásolles este PREMIO LIMONADA con moitísimo agarimo a:
Cristóbal: http://perso.wanadoo.es/cgomezmayorga/
Grupo de traballo Benclalu 2: http://benclalu2.blogspot.com
Raquel: http://nuestraclase.blogia.com/
Cris: http://infantilortigueiracris.blogspot.com/
Unha casa para Menta: http://unhacasaparamenta.blogspot.com/

3 comentarios:

Raquel dijo...

ola Bea,
Son Raquel, MOITISIMAS GRAZAS POLO PREMIO!!!!! fíxome moitísima ilusión!!!!A verdade é que tamén nós na primeira persoa que pensamos que debería recibilo fuches ti pola grande dedicación ao teu blogue, a túa constancia e o teu saber transmitir...e o teu dominio do galego...xa me gustaría a min!!! Es un referente para moitas de nós, que estamos comezando a bloguear.
bicos e apertas

Cris dijo...

Ola Bea!! Moitísimas grazas polo premio. Fíxome moita ilusión xa que, aínda que pareza unha parvada, con esto dos premios demóstrase que entre compañeiros nos apoiamos e nos servimos de axuda uns aos outros aínda que non nos coñezamos.
Grazas de verdade.

Duendes Juguetones dijo...

Hola Bea tienes un premio para tí en mi blog. Bikiños

COUSAS PARA RIR:

Celia: despois de moito correr polo patio (no recreo) ven e dime que lle mire o corazón que ten unha taquicardia. Despois dun rato, e de falar sobre as pulsacións (que aumentan despois de facer moito exercicio, ou se estamos moi nerviosos...) suspira e di: "ay, porque los humanos tendremos que sufrir tanto!!!".
Lucía e Adrián:
están falando e Lucía dille a Adrián, ven á miña casa, (e Adri dille que sí). Logo Lucía dille, sí ven que vou ter moitas visitas... (e cando volvo a escoitar a conversa oigo a Adrián que lle di: puffff, non eu non vou que con tantas mulleres me vou a empachar!!!

Adrián: estamos na asamblea e miramos o panel dos encargad@s, e temos que facer un salto, porque non podemos ter dous cargos xuntos, entón di Adrián, hoxe tócalle a Naim porque Ángela é a turista!!!! (protagonista, claro!)
Joel:
remata unha ficha e dígolle agora pon o teu nome e a data (e sinálolle para o encerado magnético onde está posta), el mirame con cara rara e dime: a lata? profe eu non se de que lata me estás falando!
Adrián:
Están falando na asamblea, por quendas, e alguén comenta que a súa habitación ten dúas camas, e o color da súa habitación... cando lle toca de falar a Adrián el tamén explica como é a súa habitación, e nos di que hai dúas camas, que el durme na máis alta e Ángela na máis pequena. Pero o que máis claro nos deixa é que: "no son dos camas, una encima de la otra, porque esas cuestan mucho dinero y yo sólo tengo dos carteras".
Aaron: Estando no patio, un neno me di que hai unha pala de xogar no areeiro rota, é ven Aaron correndo, e dime: "no importa profe, mamá la cose".
Lucía: Nun momento de patio no que está comigo porque se acaba de pelexar, dígolle que se quede conmigo un ratiño, ata que se lle vaia o xenio. Pasado un rato dime, "profe, xa se foi" e eu dígolle, non que aínda o vexo por aquí (e fago un xesto sinalando por riba da súa cabeza). Ela moi chea de razón, toca a cabeza e dime "pero profe, isto non é o xenio, é unha diadema".
Aaron: Ven a ensinarme unha pupa que ten na man, e eu sóplolle nela e cántolle: Sana sana cuíño de rá, senon sanas hoxe sanarás... e calei para que el seguirá, e dixo: "despois".
(Debía de querer unha curación máis rápida do que di a canción).